Dita final tivo lugar o pasado 28 de xuño no pavillón municipal de deportes de Lugo, o mesmo lugar no que se estaba a disputar o pasado 3 de maio.
O resultado, aínda que na primeira ocasión era favorable por 1 set ao clube lucense, foi de 3 a 0 para o clube almeriense, xa que por normativa, ao suspender un partido por un período tan longo, debe comezar de novo.
Durante o acto, realizouse unha breve homenaxe ás víctimas mortais do accidente e agasallouse a dúas das xogadoras do Emevé que tamén viaxaban no autobús, con sendas camisetas da selección española de voleibol (á que non poideron acodir debido ás lesións).
Asimesmo, fíxose outra pequena homenaxe ás xogadoras do equipo Infantil feminino do Emevé, que unha semana despois da terrible data, lograron facerse co campionato de España na súa categoría.
De esta maneira, deuse por finalizado un evento cargado de emocións, moitas positivas, pero outras moitas de lembranza e tristeza por esas persoas que xa non están.
Moitas grazas a tódolos participantes no evento, así como a todas aquelas persoas que mostraron o seu apoio e comprensión.
Noraboa ao equipo de Almería, que demostrou a súa calidade como deportistas, pero tamén como persoas. Desexámoslles moitos éxitos.





















